MeLiSA prepara xa a sexta edición das Xornadas de Usuarios de R, en outubro en Santiago
venres, 6 de xuño do 2014
Os
vindeiros días 23 e 24 de outubro de 2014 celebraranse en Santiago a
sexta edición das Xornadas de Usuarios de R, que terán lugar no
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia emprazado no barrio de Conxo.
Estes encontros incluirán no seu programa diversos relatorios e
obradoiros dirixidos a promover o coñecemento de R e as súas
aplicacións, proporcionar un punto de encontro entre os usuarios
desta plataforma e fomentar a colaboración “nun ambiente
multidisciplinar”. Sinalar que R é un paquete estatístico e unha
contorna informática libre que inclúe entre outras cousas
ferramentas de análises de datos e xeración de gráficas.
Ademais,
funciona baixo Windows, MAC VOS e Linux. Os seus usuarios coinciden
en salientalo como ferramenta moi indicada para os ámbitos docentes,
xa que é de balde e de moi doado uso para tódolos integrantes da
comunidade educativa. R é unha linguaxe e un conxunto de módulos
estatísticos que deixa marxe para realizar análises de datos e
representación dos mesmos.
Volvendo
ás xornadas, dicir que tamén son gratuítas, aínda que requiren
inscrición. Para quen non poida acudir en persoa, dicirlle que as
sesións poderanse
seguir en
streaming
(previa inscrición e selección da modalidade asistencia a
distancia). Están convidados a participar usuarios
e entusiastas de R de todos os ámbitos -universidade, institutos de
investigación, administracións públicas, empresa privada- e
coa finalidade de
compartir coa comunidade aplicacións e exemplos interesantes “que
reflictan a madureza de R e a diversidade dos problemas e dos
eidos
nos que vén utilizándose con éxito”, sinalan os
organizadores: a
asociación galega MeLiSA e
máis a Comunidade R-Hispano.
