Meinrad Spenger convértese no conselleiro delegado de Euskaltel, grupo ao que pertence R
martes, 10 de agosto do 2021
- Meinrad Spenger é o fundador e conselleiro delegado de MásMóvil
Completada
a OPA do Grupo MásMóvil por Euskaltel, celebran a
integración de Euskaltel, Telecable, Virgin telco e R e proceden
rapidamente á renovación
do Consello de Administración de Euskaltel, presidido por Xabier Iturbe, de
xeito que José Miguel GarcÃa deixa o seu posto de conselleiro delegado, que
pasa a estar ocupado por Meinrad Spenger, o conselleiro delegado de MásMóvil.
Spenger manifestou a súa satisfacción por ter acadado un extraordinario respaldo
na OPA sobre Euskaltel, de xeito que en breve o Grupo Euskaltel será unha
compañÃa 100% privada (o apoio do 97,67% do capital social permitirá iniciar o procedemento
de squeeze-out da compañÃa), e declarou que «o novo Consello de Administración
que anunciamos hoxe xunta experiencia, un amplo coñecemento de Euskadi, Asturias
e Galicia e a ilusión que precisamos para impulsar o noso proxecto de
crecemento en beneficio dos clientes».
Tras a toma de control de Euskaltel polo Grupo MásMóvil, o Consello de
Administración acordou unha composición das comisións de Control e AuditorÃa,
Nomeamentos e Remuneracións que garanta o correcto funcionamento da compañÃa e
o cumprimento das normas de bo goberno. A Comisión de Control e AuditorÃa e a
de Nomeamentos están presididas por Iñaki Alzaga, participando nas mesmas tamén
Beatriz Mato, quen preside a Comisión de Remuneracións.
Novo vÃdeo promocional do Grupo MásMóvil tras a toma de control de Euskaltel