Mensaxes de texto para protexer ás ovellas do lobo
luns, 6 de agosto do 2012
A tecnoloxía vai contribuír a manter
ás ovellas máis seguras ante a ameaza do ataque dun lobo grazas a un
experimento que están a desenvolver en Suíza consistente en colocar monitores
cardíacos a varias ovellas, de xeito que, de detectarse un disparo das
pulsacións dos animais poríase en funcionamento un mecanismo de emerxencia
consistente no disparo dun repelente para lobos dende os colares das ovellas e
o envío dunha mensaxe de texto ao móbil do pastor.
Esta tecnoloxía sería unha boa solución para pequenos rabaños que non contan
coa vixilancia constante dun can pastor, e agárdanse probas de campo desta
solución en Suíza e Francia durante 2013, estando xa outros países interesados
na mesma.