Microsoft achega o poder da nube aos cascos de VR
luns, 26 de xuño do 2023
Os cascos de
realidade virtual autónomos Meta Quest 2 e Meta Quest Pro non destacan pola súa
grande potencia, concesión que realizan en virtude dunha boa autonomÃa e para poder
librarse de cables, aÃnda que para gozar de experiencias avanzadas é posible
executar as aplicacións máis esixentes directamente nun PC. Pero agora hai unha
nova solución dispoñible para que os cascos autónomos poida ofrecer gráficos
avanzados: Azure
Remote Rendering.
Falamos dun servizo de computación na nube de Azure, que procesa os contornos
tridimensionais nos servidores de Microsoft e transmÃteos en streaming aos
cascos de VR, o que permite gozar de prestacións avanzadas sen ter sacrificar
liberdade de movemento nin autonomÃa, polo que pode ser unha peza chave para
aproveitar solucións relativamente económicos como os cascos de Meta para crear
experiencias de realidade virtual e mixta avanzadas, que entendemos que
inicialmente se aplicarán ao ámbito profesional, pero que poderÃan sentar as
bases da realidade estendida do futuro.