Microsoft merca Skype por 8.500 millóns de dólares
martes, 10 de maio do 2011
Tras rumores de
que Facebook terÃa interese en adquirir Skype, chega Microsoft e confirma que
chegaron a un acordo definitivo coa compañÃa fundada por Niklas Zennström e
Janus Friis para a súa compra
por 8.500 millóns de dólares (5.907 millóns de euros) ao grupo de investidores
encabezado por Silver Lake.
Coa adquisición da empresa lÃder en comunicacións a través da Internet
Microsoft quere incrementar a accesibilidade de comunicacións de voz e vÃdeo en
tempo real, tanto entre usuarios domésticos como corporativos, e mellorando o
actual catálogo de produtos e servizos de comunicación de Microsoft. Deste
xeito Skype estará dispoñible para a Xbox e Kinect, terminais con Windows Phone
e un amplo abano de dispositivos con Windows, á vez que tamén tenderá pontes
con Lync, Outkook, Xbox LIVE e outras comunidades, mantendo o soporte de Skype
en plataformas alleas a Microsoft (como Android e iOS).
A nivel corporativo, Skype integrarase en Microsoft como unha nova división, de
xeito que o director xerente de Skype, Tony Bates, pasará a ser o presidente da
División de Skype de Microsoft, pasando a responder directamente ante Steve
Ballmer, quen asegurou que con esta operación crearán «o futuro das comunicacións en tempo real para que a xente poida manter
o contacto con parentes, amigos, clientes e colegas en calquera parte do mundo».