Microsoft prepara actualizacións para Windows Phone 8
mércores, 28 de novembro do 2012
Este
mes foi a estrea dos novos móbiles con Wndows Phone 8, e como é habitual en
plataformas novas, non están carentes de incidencias, e nesta ocasión certos
usuarios detectaron casos nos que os seus terminais telefónicos reiniciábanse
sen motivo aparente e, tras unha investigación realizada por Microsoft xunto
cos seus socios identificaron a causa dos problemas e anuncian que durante
o mes de decembro distribuirán over-the-air
unha actualización que corrixirá o fallo.
- As actualizacións chegarÃan a todos os fabricantes á vez
Pero esta non será a única actualización over-the-air (OTA) que está a preparar Microsoft, senón que tamén se está a falar dunha chamada Apollo+ que engadirÃan o soporte de redes privadas virtuais (VPN) e corrixirÃa certos comportamentos en conexións Wi-Fi (permitindo que as conexións se manteñan de xeito indefinido) agardándose a súa distribución no primeiro trimestre de 2013. Non estariamos a falar dunha actualización importante, pero estes cambios porán a proba as actualizacións OTA de Windows Phone 8, que resultan moi interesantes, pois supoñen unha grande diferencia fronte ás actualizacións de dispositivos con Android, pois chegarÃan a todos os fabricantes á vez, o que claramente agradecerán os usuarios que non se sentirán abandonados polo fabricante do seu móbil.