Microsoft publica unha web cos resultados do Experimento Mojave
mércores, 30 de xullo do 2008
Para pór a proba
a experiencia de usuario baixo Windows Vista a xente de Microsoft desenvolveu o
Experimento Mojave, unha iniciativa
consistente en xuntar a 120 persoas en San Francisco para ver cómo era a súa
percepción de Vista.
O grupo de participantes era xente que utilizara Mac, Linux ou Windows en
versións anteriores a Vista, e que demostraban un alto descoñecemento do último
sistema operativo de Microsoft. Fixéronlles un cuestionario antes do
experimento, preguntándolles por Windows Vista, que concluíu cunha puntuación
de 4,4 sobre 10 pero curiosamente, tras probar Vista sen sabelo (niso consistía
a experiencia) as
súas puntuacións sobre o novo sistema operativo ascendían ata unha media do 8,5.
Poderiamos entender que así a xente se fai unha idea moi negativa de Vista
valéndose dos comentarios de amigos e compañeiros de traballo, pero que unha
experiencia en primeira persoa permite unha percepción moi distinta, aínda que dende
Microsoft aseguran que esta iniciativa non é unha campaña publicitaria,
senón unha proba de campo en serio.
Para os que queiran botar un ollo ás opinións dos participantes no Experimento Mojave poden acudir á súa páxina web, na que se
publican cortes de vídeo con comentarios breves e bastante ilustrativos.