Miramax animou a unha rapaza a non descargar unha das súas películas convidándoa ao cine
martes, 14 de abril do 2009
A Rede dá lugar a
situacións curiosas, e así, cando unha usuaria de Twitter comentou no servizo
de microblogging, a xeito de
curiosidade, cómo era posible que a película Adventureland
aínda non estivese dispoñible para a súa descarga na rede BitTorrent, recibiu
un comentario pedíndolle que non descargase o filme, ao que ela contestou que
estaba de broma, o que lle valeu dende
Miramax Films ofrecesen dúas entradas gratuítas para que fose a ver a película
ao cine (aínda que finalmente
só aceptou unha).
Aínda que só sexa unha anécdota, resulta bastante curioso que en vez de loitar
contra as descargas de Internet mediante denuncias o fagan con orixinalidade e
xenerosidade, especialmente cando na práctica parece ser imposible atopar aínda
a mencionada película a través de BitTorrent.
- Miramax Films ofreceu 2 entradas de cine a través de Twitter evitando así a descarga da súa nova película