Moblin 2.0: novo Linux optimizado para ultraportátiles de baixo custo
mércores, 20 de maio do 2009
Os primeiros ultraportátiles de baixo custo que chegaron ao mercado viñan
con distribucións de Linux preinstaladas, pero non todas estaban optimizadas
para o tipo de dispositivo dende o que Ãan funcionar, pero nos últimos meses
avanzouse moito nesta liña, e asà agora podemos descarar a versión
de proba do Moblin 2.0, un Linux que achega unha experiencia de uso sen
precedentes aos ultraportátiles, centrándose no acceso á Internet, o uso de
redes sociais e a reprodución de contidos multimedia.
O Moblin 2.0 fará uso das últimas tecnoloxÃas gráficas (coma Clutter, DRI2 e
KMS), permite acceder ao momento a un calendario sincronizado, un administrador
de tarefas e apontamentos, un sinxelo navegador web axeitado á pequena pantalla
dos dispositivos e soportando caracterÃsticas coma o engadido de Flash,
reprodutor multimedia ampliable, unha
versión actualizada do xestor de conexións e compatibilidade coa meirande parte
de aplicacións para Linux.
Este sistema operativo serÃa compatible con ordenadores coma o Acer Aspire One,
o MSI Wind, os Asus Eee PC, o Samsung NC10, o HP Mini 1010 e 1020NR e moitos
outros equipos, nos que as edicións habituais de Ubuntu ou mesmo de Windows non
son óptimas, pero o Moblin avanza nun bo camiño para dar lugar a unha interface
cómoda, práctica e innovadora.
Actualmente xa pode descargarse de balde
o Moblin 2.0 Beta, e podemos ver as súas posibilidades no seguinte vÃdeo:
