Moterroso e Bos Aires únense a través de videoconferencia
venres, 26 de xuño do 2009
Unhas vinte familias do municipio de Monterroso
puideron hoxe restablecer o contacto cos seus seres queridos en Arxentina
grazas a unha iniciativa organizada polo Centro Gallego de Bos Aires, o
concello de Monterroso e a SecretarÃa Xeral de Medios, a través da Rede
de Telecentros de Comunicación de Galicia. O
encontro tivo lugar lugar a través de videoconferencia partir das
16:00 horas no Telecentro
de Comunicación do concello, no Centro Sociocultural e durante o
acto algúns dos familiares vÃronse por vez primeira aÃnda que fose virtualmente.
Non é a primeira vez que Monterroso e Bos Aires se unen a través de
videoconferencia. Xa son varios os encontros deste tipo organizados destinados
a grupos familiares desde a inauguración do Telecentro de Comunicación.
A actividade enmárcase dentro da
campaña de dinamización da Rede de Telecentros de Comunicación ComunÃcate, que está a desenvolver a
SecretarÃa Xeral de Medios, nos distintos centros dependentes do Centro
Mulltimedia de Galicia (CMG) co fin de dar a coñecer á poboación as distintas
posibilidades que ofrecen os Telecentros de Comunicación (TC).