Movistar e Orange amosaron en xullo cifras semellantes de perdas en portabilidade
venres, 7 de agosto do 2015
Deixando atrás o mes de
xullo, chégannos
as cifras das portabilidades dos principais operadores de
telecomunicacións do pasado mes. Deste xeito e segundo se
desprende dos recontos, os tres grandes operadores volven situarse no
cumio rexistrando cifras negativas, case empatando Movistar e Orange.
Con todo, a de France Telecom ten as boas cifras de Jazztel na súa
conta. Se falamos de Movistar, e o comparamos co que acontecía hai
un ano, o operador non sae moi prexudicado, pois no 2014 perdía a
estas alturas do ano máis de 70.000 clientes de servizos móbiles,
unha cifra que se reduciu drasticamente até unhas 27.000 liñas en
negativo.
Pola súa banda, Vodafone
comeza a sumarse tantos grazas a Ono (+9.300), aínda que o balance é
negativo, pois perdeu 37.000 clientes e, pola súa banda, Orange
perdeu 24.000, que quedarían compensadas coas recibidas por parte de
Jazztel.
En canto á tarifa SinFín
de Yoigo, é a que xustifica o medre mensual do operador, que por
outra banda leva un ritmo semellante durante os últimos meses.
Cómpre dicir que a compañía decidiu retirar esta oferta de 20GB e
chamadas ilimitadas por menos de 30 euros ao mes, o que se cadra mude
de xeito drástico a súa situación nos vindeiros meses.
Á parte están os
operadores sen rede propia, dos que a maior parte pasaron o mes de
xullo sen moitos cambios. Emporiso, cómpre salientar as cifras de
Lowi e Simyo, de Vodafone e Orange respectivamente, que sumaron 8.000
e 7.700 novos clientes á súa carteira. Tuenti non tivo un bo mes
con máis de 300 clientes perdidos, o que se pode interpretar como a
necesidade de renovar algunhas tarifas, e Lebara levouse o peor valor
do mes (de falarmos de operadores móbiles virtuais) rexistrando máis
de 1.000 clientes perdidos. Por último, Pepephone, xa coa situación
estabilizada arredor da súa cobertura 4G, rexistra 850 novos
clientes.
Portabilidade xullo 2015
Movistar -27000
Vodafone -37000
Orange -24000
ONO 9300
Yoigo 19700
Jazztel 24000
Simyo 7700
Lowi 8000
Euskaltel 5000
MasMóvil (+Happy Móvil) 4200
R 3200
Digi 1900
Pepephone 850
Telecable 1200
Oceans 1100
Tuenti -320
Hits 70
Carrefour -80
Dia -110
Eroski -540
Lebara -1100
Lycamobile -900