Movistar lanza unha tarifa prepago específica para comunicacións internacionais dende un céntimo por minuto
xoves, 27 de decembro do 2012
Movistar vén de lanzar
unha solución especialmente axeitada para estas datas nas que
establecer comunicación co estranxeiro, de estarmos lonxe dos nosos
familiares ou amigos, faise case unha prioridade. Falamos da súa
nova tarifa prepago Fala Internacional, dirixida en boa medida
ao colectivo de inmigrantes en España e que permite facer chamadas a
teléfonos fixos e móbiles de máis de 40 países desde 1 céntimo o
minuto. Con esta proposta de valor, informa Movistar, a compañía
segue centrando “a súa estratexia nas necesidades do cliente,
neste caso naqueles que teñen aos seus familiares lonxe e necesitan
romper a distancia mantendo contacto telefónico con eles”.
Os clientes de prepago xa
poden contratar este módulo en tódalas tendas Movistar, na
web comercial de seu, no número 1004, e, dende o vindeiro 15 de
xaneiro tamén poderán facelo nos locutorios especializados en
telefonía. Por certo que o servizo Fala Internacional é
compatíbel con tódalas tarifas de voz do catálogo de prepago de
Movistar. Inclúe, por outra banda, chamadas nacionais dende 0cts/min
e ten unha cota mensual de 1 euro, renovándose de xeito automático
cada 30 días sempre que o cliente teña saldo no seu cartón
prepago. “O prezo da chamada varía en función do destino e de
se a chamada é a un fixo ou a un móbil, sendo o prezo mínimo 1
céntimo o minuto (1,21 IVE incluído) máis os 30 céntimos (36,3
IVE incluído) correspondentes ao establecemento de chamada)”,
informa Movistar.