Mozilla celebra o seu 10º aniversario

luns, 31 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O 31 de marzo de 1998 lanzábase oficialmente o código fonte de Mozilla, e despois de 10 anos podemos ver como este proxecto se consolidou en diversidade de produtos (Thunderbird, SeaMonkey, Camino, Bugzilla, Calendar…) e nun dos navegadores de Internet de máis sona (Firefox).
A Fundación Mozilla estima que conta con 170 millóns de usuarios, demostrando que se poden producir grandes aplicacións informáticos en código aberto.
Para celebrar o 10º aniversario de Mozilla, a televisión en liña Air Mozilla (que funciona mediante tecnoloxía de Mogulus) emite un programa especial de 1 hora de duración a xeito de retrospectiva, que virá precedido de mensaxes en vídeo de traballadores e membros da comunidade de Mozilla.