MundoSinRumbo: «Gústanos compartir nas redes as nosas viaxes e proxectos para crear conciencia medioambiental»
mércores, 10 de febreiro do 2021
- Juanpe e Melina, autores da canle youtubeira MundoSinRumbo
Dende Código
Cero falamos con
Melina Miller e Juan Pedro Blanco, creadores da canle de viaxes que
arrecende a natureza e que se pode visitar en YouTube e Instagram
baixo o nome de Mundo
sin rumbo. Como
unha especie de presaxio anticipado a esta crise
sanitaria que nos impide
responder á chamada do salvaxe que agocha a natureza, nacÃa hai ano
e medio o proxecto Mundo
sin rumbo, unha viaxe
con punto de partida en Compostela cara
a rutas salvaxes protagonizada
por Melina e Juanpe.
As súas
expedicións
son compartidas
a través de dúas canles en
Internet,
unha viaxe virtual que nos
achega a posibilidade de visitar lugares (sen saÃr do noso peche
perimetral) e que podemos gozar na
súa canle de YouTube,
MundoSinRumbo,
con arredor de 40.000
visualizacións e nas súas contas
de Instagram: @melinamiller.msr e @juanpe.msr que xa teñen máis de 2.200
seguidores.
-
Como xorde a primeira viaxe e a idea de compartila nas Redes? Tedes
algún tipo de formación no mundo dixital?
-
Como toda aventura, sexa grande ou pequena, esta
primeira viaxe xorde a partir dun libro chamado Expedición
Cabo Norte, o
cal relata as peripecias dunha
parella de asturianos que viaxan en bicicleta dende Xixón
ata Cabo Norte, o punto máis setentrional de Europa.
AÃnda
sen rematar o libro, iniciamos
unha pequena travesÃa
por terras sanabresas para comprobar se este estilo de viaxe estaba
feito para nós. Logo de
realizalo, non só
soubemos que si,
senón que inmediatamente
despois,
planeamos unha longa
viaxe para ese mesmo
ano, na
que eu, (Melina) chegarÃa ata San Sebastián e Juanpe ata os Alpes
italianos, pero,
por distintos motivos, a miña viaxe rematou en Bilbao e a de Juanpe
nos Pirineos franceses, o cal tampouco desmerece.
AÃnda
que gravamos
toda a viaxe, nun principio non pensabamos compartila nas redes, pero
unha vez editados os vÃdeos decatámonos
de que resultaban entretidos
e decidimos
crear a nosa propia
canle. Os vÃdeos foron gravados
co móbil
e editados nun programa moi
sinxelo, xa que non temos
ningún
tipo de formación no mundo dixital, pero pouco a pouco imos
aprendendo pola nosa conta e mellorando a calidade do contido.
-
Credes que é posible vivir deste proxecto?
-
Cremos que pode ser posible a longo
prazo
e cunha gran dedicación,
pero sinceramente non é o noso obxectivo.
Gústanos moito gravar
e editar, e seguiremos compartindo nas redes as
nosas
viaxes e proxectos, pero non con motivos lucrativos, senón como
medio de comunicación a través do cal crear conciencia
medioambiental. Os nosos proxectos profesionais estarán sempre
vinculados a traballar na propia natureza.
-
Visitando a vosa canle de viaxes séntese o amor pola natureza e unha
vontade enorme de educar no respecto e coidado do medio. De onde nace
este apego pola paisaxe non urbana e os seres que a habitan?
-
No meu caso (Melina), dende pequena sempre me encantaron a natureza e
os animais, pero non foi ata coñecer a Juanpe cando comecei a facer
rutas e interesarme tanto polas montañas e por coñecer todo sobre a
natureza, coa súa flora e a súa fauna. Dende que estamos xuntos,
nada máis rematar
unha viaxe ou aventura xa estamos planeando a seguinte. Na natureza é
onde mellor me sinto, libre e feliz, e este amor por ela é o que
tento transmitir nos vÃdeos e coas miñas fotografÃas.
Ademais
é o que me levou a querer estudar algo relacionado con este sector,
por iso estou cursando
un ciclo superior
de Educación e Control Ambiental.
-Dende
que teño uso de razón (Juanpe), recordo pasar os dÃas no monte
descubrindo e aprendendo todo sobre os seres que o habitan. Isto,
sumado a numerosas viaxes e lecturas, ambas formidables escolas,
nutre cada dÃa ao naturalista que levo dentro. A parte disto, veño
participando dende fai tempo en proxectos de conservación de fauna e
flora. Actualmente curso estudos de xestión forestal e do medio
natural.
-
De entre todos os destinos que xa fican atrás, de cal gardades unha
lembranza especial?
-
É moi difÃcil escoller un
só destino, pero no meu caso (Melina), sempre lle terei un cariño
especial aos Picos de Europa, xa que foi onde fixemos a nosa primeira
viaxe longa, de oito dÃas, percorrendo o parque nacional coa
furgoneta. Tanto nesta viaxe como nas viaxes en bicicleta, fixemos
numerosas rutas nas que puidemos descubrir as marabillas que acolle
este lugar. Asemade, lembro que nunha destas andainas, subindo a un
cumio chamado Peña Blanca, foi a primeira vez que me emocionei e
chorei de ledicia, por atoparme nun lugar tan espectacular, e neste
caso, por ter chegado ata alà dende a miña casa e en bicicleta.
-
Para min (Juanpe) tamén é difÃcil
escoller, pero si que é certo, que na primeira
viaxe en bicicleta, unha vez crucei a Francia tras trinta dÃas de
viaxe e ascendÃn á Col de Bagargi, nos Pirineos occidentais, non
puiden evitar emocionarme pola nostalxia do xa percorrido ata entón
e polas montañas que se amosaban ante min.
-
Que ferramentas dixitais levades convosco nas viaxes: GPS, móbil,
tableta... ou preferides ir sen rumbo e só botades man da
tecnoloxÃa para compartir pola Rede a vosa aventura cos seguidorxs
da vosa canle de YouTube e Instagram?
-
A única ferramenta dixital que levamos son os nosos teléfonos
móbiles, e se ben é certo que fan as veces de GPS, o que máis
usamos é o PPS (Para, Pregunta e Segue), o cal combinamos con mercar
mapas locais. Polo tanto, para o que máis usamos os móbiles é para
gravar os vÃdeos e compartir de cando en vez algunha historia nos
nosos Instagrams.
Outra
ferramenta que é imprescindible para nós é a cámara de fotos, coa
que tentamos captar en imaxes todos eses lugares marabillosos que
percorremos e todo o que neles habita.
-
Rematamos esta conversa cun aquel de nostalxia pola viaxe vivida en
primeira persoa e devecemos por descubrir un novo destino da vosa
man. Tedes xa algunha viaxe no horizonte?
-
Son moitas as
viaxes e destinos que temos en mente a medio e longo
prazo.
Polo de
agora,
gustarÃanos realizar este verán outra
viaxe cicloturista cruzando os Pirineos, dende o Mar Mediterráneo
ata o Cantábrico.
Imaxes: MundoSinRumbo (@melinamiller.msr e @juanpe.msr)