NEC anuncia o primeiro controlador USB 3.0
mércores, 20 de maio do 2009
NEC Electronics anunciou o primeiro controlador
con soporte do estándar de alta velocidade USB 3.0, que permitirá
velocidades de transferencia de ata 5 Gbps (10 veces máis rápido que o USB 2.0)
de xeito que poderÃa copiar un disco Blu-ray dunha capa en apenas 70 segundos.
O controlador µPD720200
conserva a compatiblidade con USB 1.0, 1.1 e 2.0, o vindeiro mes comezarán a remitir
mostras dos chips (que nun principio custarán 15 dólares) e agardan producir un
millón de unidades no mes de setembro.
O USB 3.0 aÃnda tardará en poder aproveitarse ao 100%, pois actualmente
tecnoloxÃas coma PCI Express e SATA están limitadas a velocidades de
transferencia de 3 Gbps, pero este novo estándar será moi atractivo para as
transferencias masivas de información, especialmente se temos en conta o tamaño
que ocupan os vÃdeos en alta definición (ou o largo de banda preciso para a súa
transferencia sen compresión), resultando moi atinado que o USB 3.0 adiántese
incluso ás necesidades do mercado.