Na rúa o número 26 da nosa revista mensual O Barbanza
xoves, 9 de setembro do 2021
Chega unha nova edición da nosa publicación mensual O
Barbanza, a
número 26, que recolle as últimas festas máis sobranceiras e históricas da
comarca barbancesa e de Galicia enteira. Asà O Son celebra as do Carme, Ribeira
a súa patroa Santa UxÃa, Rianxo a tradicional Guadalupe e A Pobra O Nazareno,
iso sen esquecer outras parroquias que tamén se unen neste mes á honrar os seus
patróns.
Repasamos nas páxinas da publicación a arquitectura punteira
do Barbanza, viaxamos a Sálvora para recordar os feitos tráxicos do Santa
Isabel, publicamos as novidades mais salientables das nosas letras, e
recollemos reportaxes sobre aspectos dos concellos da comarca sen esquecer a
axenda das festas e actos culturais. Por suposto resumimos aspectos destacados da
vida, da economÃa e das empresas locais.
A pandemia marca porén as celebracións que en moitos casos
verán limitados os seus actos pero que pouco a pouco van recuperando o pulo á
espera da ansiada normalidade. Isto e moito máis ocupan as páxinas deste número
de O Barbanza que cunha tiraxe de 7.000 exemplares está en distribución de
balde en toda a comarca barbancesa podendo amais descargarse en PDF ou lerse en
trebellos móbiles.