Noia Histórica realizará un curso de Facebook e Instagram Ads

mércores, 7 de abril do 2021 S. P.

A asociación empresarial Noia Histórica, coa colaboración do Concello de Noia, vén de anunciar a realización dun curso sobre Facebook e Instagram Ads, dúas aplicacións coas que se pretende mellorar o posicionamento e os produtos das empresas e comercios.
A iniciativa, impartida polo experto en nova comunicación e novas estratexias de mercadotecnia Javier Rocamora, está dirixida a persoas relacionadas coas redes sociais e levarase a cabo do 12 de abril ao 14 de mesmo mes, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
As prazas son limitadas. Por iso, os interesados deberán inscribirse o antes posíbel. O custo total do curso é de 50 euros. Sen embargo, os socios de Noia Histórica, non o terán que pagar.
Javier Rocamora
A persoa encargada de impartir estes contidos será o experto en ecommerce e redes sociais Javier Rocamora, profesional das novas vertentes da xestión comercial, amais de consultor autónomo e formador especializado neste campo en concreto. Rocamora publica de xeito regular artigos en Marketing For eCommerce, unha das publicacións online de referencia a nivel nacional en comercio electrónico. Entre seus proxectos máis destacados figuran a redacción de contidos no proxecto Vendes en Internet? da entidade estatal Red.es, o deseño e implantación da estratexia dixital a nivel europeo da multinacional islandesa Saeplast, a xestión da campaña estival na Rede de 2017 para Turismo de Galicia e o Camiño de Santiago ou a súa participación en proxectos para Telefónica, Applus, Carrefour, Media Markt, Grupo Vegalsa-Eroski, Pescanova, Elogia Media, BAP Conde, Roi Scroll e un longo etcétera.

PUBLICIDADE