Nova absolución pola venda de cartuchos de carga para Nintendo DS
mércores, 8 de xuño do 2011
O ano pasado
Nintendo pedía ata 23 anos de cadea para Alejandro Fernández, propietario dunha
tenda de informática en Avilés ao que denunciou de distintos cargos que
poderían consecuencia da comercialización de cartucho para a Nintendo DS que
permiten o uso de xogos pirata a
xuízo da compañía nipona, e agora o
Xulgado nº 1 de Avilés absolveu ao acusado por considerar que a acusación
non achegou argumentos suficientes para determinar que os cartucho vendidos
eran ilegais, chegando a criticar o
xuíz na súa sentenza que o perito contratado por Nintendo «limítase a afirmar como dogma de fe de obrigada crenza, sen exposición
e explicación técnica algunha a vulneración das medidas de seguridade da
consola en cuestión».
A sentenza descarta a existencia de delito contra a propiedade intelectual e
xustifica tal decisión destacando que os dispositivos comercializados carecen
de software, polo que carecen de
contidos protexidos pola propiedade intelectual., á vez que lembra a
compatibilidade de usos (só sería infracción se os cartuchos denunciados
servisen exclusivamente para
neutralizar medidas de protección de software).
Tamén considerou que o feito de que os cartuchos teñan o mesmo conector que os
cartuchos orixinais non sería ilegal (pois o cartucho en si mesmo é claramente
diferenciable) e desbotou a acusación de descubrimento e revelación de segredos
ao considerar que corresponden á intimidade das persoas físicas e non a persoas
xurídicas.
Remata así unha causa máis que confirma que os chips e os cartuchos que
permiten empregar copias de seguridade, xogos importados e moitos outros usos
en consolas de videoxogos non constitúen delito.