Nova edición dos Premios de Publicidade en Galego 2013
luns, 10 de febreiro do 2014
- A sede do Consello Asesor da RTVE en Galicia en Compostela
Xa están dispoñÃbeis as
bases da nova edición do Premio
de Publicidade en Galego 2013 que convoca o Consello Asesor da
RTVE en Galicia e a CTRVG. Os galardóns, abertos arestora á
inscrición dos candidatos, dirÃxense a recoñecer o traballo
despregado polos medios, axencias ou entidades que promovan ou
difundan anuncios ou cuñas publicitarias transmitidas integramente
en galego. Convócanse tres modalidades: radio, televisión e
Internet. Nos traballos presentados, valoraranse, entre outros, os
seguintes aspectos: singularidade da produción, calidade lingüÃstica
oral e escrita e contido multimedia para os traballos en Internet.
Os traballos que concursen
deberán estar difundidos no perÃodo comprendido entre o 1 de
xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2013. O xurado estará composto
polo pleno do Consello Asesor de RTVE-G e da CRTVG e/ou que poderá
solicitar a colaboración ou asesoramento de profesionais de
recoñecido prestixio no eido da comunicación. Todos os traballos
deberán ser presentados en correo electrónico (unicamente para os
arquivos de audio correspondentes ás cuñas de radio), CD ou DVD. No
caso de Internet, a copia deberá acompañarse do enderezo completo
da web.