Novagalicia acadou o millón de clientes por Internet
luns, 11 de novembro do 2013
Novagalicia
Banco informou este luns que no mes de setembro que deixamos
atrás foi quen de superar o millón de clientes que operan co banco
a través de Internet. De media, subliñou a entidade financeira
galega, “arredor de 400.000 destes usuarios utilizan a banca pola
Rede polo menos unha vez ao mes”. Asemade, incide, no último ano o
número de clientes de Novagalicia Banco que dispoñen de banca
electrónica para realizar operacións coa entidade a través de
internet medrou un 12%.
Por outra banda, nos
meses anteriores (entre xaneiro e setembro), Novagalicia Banco
rexistrou máis de 84 millóns de operacións, entre consultas de
movementos ou transferencias (amais doutras operacións), realizados
por particulares e empresas a través da banca por Internet da
entidade galega. E engade: “O importe de movementos de fondos ao
ano por esta canle supera os 20.000 millóns de euros”.