Artigos desta sección
A App Store celebra o seu quinto aniversario con aplicacións de balde
Atendendo ás demandas do mercado, en 2008 Apple presentou un kit de desenvolvemento de aplicacións para o iPhone que permitiría crear aplicacións para o dispositivo de moda do momento e distribuílas a través dunha tenda de aplicacións que finalmente converteuse en todo un fenómeno que esta semana celebra o seu quinto aniversario, o que agradecerán moitos (...)
Ler máisO Centro Demostrador TIC xa acubillou case 60 actividades de presentación
O Centro Demostrador TIC, emprazado no CNTG (Conxo, Santiago), cumpriu esta fin de semana os seus dous primeiros anos de vida. E fíxoo facendo reconto do acadado ao longo dese tempo (como espazo de mostras e presentacións da innovación das nosas empresas do ámbito tecnolóxico-dixital) e lembrando que dous anos poden dar para moito. Máis polo miúdo, deron (...)
Ler máisO vídeo a través da Internet protagonizou o segundo día da Hobby Con
A feira multidisciplinar Hobby Con que combina un salón do manga, unha zona de videoxogos, unha convención de ciencia ficción e un salón de banda deseñada no PALEXCO da Coruña celebrou a súa segunda xornada dando especial relevancia ao uso da tecnoloxía como canle e comunicación a distancia, o que puido aplicarse tanto para o divertimento como para permitir a (...)
Ler máisA BBC deixará de producir contidos en 3D a finais de ano
O anuncio do cesamento das emisións en 3D da canle deportiva ESPN era un importante signo da falta de interese que está a espertar o 3D no ámbito doméstico pese ao esforzo que fan os fabricantes de electrónica de consumo para vendernos tal tecnoloxía, e agora temos á propia BBC repetindo a xogada, admitindo que as 3D non atraeron suficientemente ao público (...)
Ler máisO COETG recoñece en Compostela a traxectoria profesional de Félix Canales
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) quere recoñecer o labor desenvolvida polo ex xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións de A Coruña, Félix Canales Rodríguez, cunha homenaxe celebrada co gallo da súa xubilación despois de toda unha vida profesional dedicada ao fomento e impulso das (...)
Ler máisComplétase o traslado dos servizos tecnolóxicos do SERGAS ao novo CPDI da Xunta
O Servizo Galego de Saúde finalizou a reubicación da infraestrutura tecnolóxica dos seus sistemas de información no Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) situado na Cidade da Cultura, desde o que se xestionan agora servizos como a historia clínica electrónica, a e-receita, a cita previa ou o Expedient-e. Este traslado enmárcase no proceso de integración (...)
Ler máisOrganizan en Melide un obradoiro para que as empresas locais tiren proveito da Internet
A Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM) organiza os vindeiros días 11 e 12 de xullo en horario de 21:00 a 22:30 horas un curso de balde co título O teu negocio na Internet que busca axudar ás empresas e autónomos de Melide a coñecer o que precisan para ter presenza na Internet e nas redes sociais, así como o aproveitamento que poden tirar da Rede (...)
Ler máisO CITIUS acolle en setembro un curso sobre modelado específico de dominios
Entre o 2 e 6 de setembro desenvolverase no centro de investigación CiTIUS, na Universidade de Santiago (Campus Sur) a cuarta edición dunha actividade formativa dirixida a achegar recursos e técnicas para dar forma, dun xeito rápido e eficaz, ás distintas parcelas e edificacións desa macrocidade virtual en constante renovación que vén sendo a Internet. (...)
Ler máisDispoñíbel unha aplicación que nos bota unha man á hora de controlar os gastos cotiáns
En tempos coma estes que vivimos, de paro e recortes, a vella máxima de apertarse o cinto cando o nivel de vida antigo xa non se pode manter está por desgraza á orde do día. Hai quen dá coa fórmula de prescindir do superfluo a nivel económico, e hai quen precisa axuda. Para estes últimos diríxese precisamente a aplicación Os Teus Gastos, que xa está operativa na (...)
Ler máisAGASOL fai un chamamento a prol do software libre como alternativa seria e víabel para o noso crecemento
A Asociación de empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) quere amosar, unha vez máis, a oportunidade para compañías, institucións e usuarios en xeral que poñen en xogo as tecnoloxías (libres, abertas, creativas) das firmas que a compoñen. E dicirmos “unha vez máis” porque as vantaxes xa levan tempo ao descuberto, a nivel xenérico e a nivel específico no caso de (...)
Ler máis0 | ... | 25550 | 25560 | 25570 | 25580 | 25590 | 25600 | 25610 | 25620 | 25630 | ... | 42560