Artigos desta sección
Os automóbiles que se comunican directamente co condutor estarán no mercado nun prazo de dous anos
Nin sequera o condutor máis intelixente dos que circulan polas estradas de Galiza está libre de facer de cando en vez algunha cafrada. Tendo en conta isto, calquera cousa que se faga a prol de incrementar as súas capacidades de resposta e, en definitiva, a súa intelixencia ou (ante a imposibilidade disto) a do coche, tería que ser benvida. E na liña de (...)
Ler máisA industria da música non ergue cabeza, malia o éxito da dixital
Unha parte da industria da música mundial busca alternativas ó seu decrecente negocio en Internet mentres a outra parte fica ancorada no pasado soñando cos tempos en que os pobres incautos (nós os consumidores) pagábamos 20 euros por unha novidade discográfica e non viña ninguén para dicirnos que estabamos a facer o parvo facendo tal desembolso por un obxecto (...)
Ler máisMark Cuban advirte da ameaza de YouTube para os dereitos de copia
Mark Cuban, o multimillonario norteamericano máis coñecido por ser o dono do equipo de baloncesto Dallas Maverick que polos seus investimentos en empresas tecnolóxicas que lle valeron a súa fortuna, acadou certa repercusión mediática comentar nos pasados días que había que ser parvo para mercar YouTube, pois consideraba que a compañía tiña imposible acadar un (...)
Ler máisPolémica renovación da web de Periodista Digital
Peridista Digital, o popular proxecto dos irmáns Alfonso e David Rojo, que resultara moi polémico no pasado polo seu abuso do dereito de cita para replicar información doutros medios e que actualmente é xa unha publicación cun carácter propio e diferencial, renovou o pasado día 12 a aparencia da súa web, coincidindo co lanzamento dunha rede de diarios dixitais (...)
Ler máisSingapur terá conectividade Wi-Fi de balde
A creación de redes de conectividade sen fíos en grandes cidades está en auxe, con experiencias en San Francisco, Filadelfia, Taipei e mesmo Zaragoza, e agora inician o programa Wireless@SG que achegará o acceso á Rede a través de Wi-Fi a todo Singapur, permitindo a navegación a unha velocidade de 512 Kbps en lugares públicos e sen coste algún, que se (...)
Ler máisA galega LambdaStream, seleccionada polo Foro Neotec para abrirse camiño no eido internacional
A empresa galega LambdaStream, desenvolvida no marco do Viveiro de Empresas da Universidade da Coruña por Víctor Manuel Gulías e Miguel Barreiro, vén de recibir un importante pulo na súa carreira pola excelencia no sector das novas tecnoloxías, logo de ser seleccionada como unha das dezaseis mellores empresas start-up de toda España no quinto Foro Neotec. (...)
Ler máisChanante Piñeiro: un festival para os greatest hits do vídeo galego en liña
No wiki de Chuza! descubrimos unha convocatoria que, entre outras cousas, serve para que lembremos que non hai nada que se deba tomar moi en serio, nin sequera (e agardamos que isto non sexa moi politicamente incorrecto) o audiovisual. Xa o propio nome do certame fala por si só: Chanante Piñeiro, en clara homenaxe (?) ós Premios Chano Piñeiro que organiza o (...)
Ler máisYahoo! envíanos ó espazo na súa cápsula do tempo
Dende que Yuri Gagarin viaxou por primeira vez ó espazo, o 12 de abril de 1961, facendo unha órbita completa arredor da Terra, os anhelos por conquistar todo aquilo que non é “planeta Terra” increméntanse como a escuma co paso do tempo. Cada día danse a coñecer nomes de famosos podres de cartos que xa teñen reservada a súa viaxe espacial a bordo dunha nave que (...)
Ler máisA directora de Microsoft Ibérica advirte ós políticos sobre as posibles distorsións dos problemas que se poden percibir a través da Internet
Rosa María García, presidenta de Microsoft Ibérica, durante o primeiro congreso Sociedade do Coñecemento e Democracia celebrado en Málaga (que contou coa presenza de líderes mundiais coma Al Gore, Mikhail Gorbachev ou Felipe González) advertiu ós políticos de que non deben confundir as opinións que reciben a través da Internet coas do conxunto da cidadanía, pois (...)
Ler máisGoogle combina os seus servizos en liña de procesado de texto e folla de cálculo
Google parece querer facerlle fronte ó Microsoft Office, e como primeiro paso vén de integrar o procesador de textos en liña Writely (adquirido por Google no mes de marzo) e o seu sistema de folla de cálculo baixo o nome de Google Docs & Spreadsheets, de xeito que os usuarios que o desexen poderán empregar este tipo de aplicacións sen precisar da (...)
Ler máis0 | ... | 42340 | 42350 | 42360 | 42370 | 42380 | 42390 | 42400 | 42410 | 42420 | ... | 42450