Novo número da nosa edición impresa

luns, 18 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á innovación galega, aos retos á vista do sector TIC e á oferta de programas da TDT nas distintas demarcacións galegas (que recollemos nun directorio descargable en formato PDF).
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:


- A Xunta presenta o seu plan de actuación en materia TIC
- Ineo presenta en Vigo un manual para favorecer a dixitalización das empresas
- A Sanidade e a Educación Galegas dan conta do seu percorrido cara ao dixital
- Concedidos os premios Galicia Innovación
- Principais novidades do CES de Las Vegas
- 2009 foi o ano do malware
- Jobsket achega recursos en liña para a busca de emprego
- Denodo pecha un ano de éxitos dende Silicon Valley
- iComic: o día en que o móbil foi viñeta
- As galegas Hacce e The London Clip animaron a twittear El Quijote
- A mostra Galiciadixital prosegue o seu itinerario polos nosos hospitais
- Conexiona deseña unha ferramenta libre que facilita o teletraballo
- CENATIC leva aos concellos as vantaxes do código aberto

PUBLICIDADE