Novo número da revista O Barbanza
xoves, 19 de decembro do 2019
Sae o número 7 de O
Barbanza, revista mensual do Grupo Código Cero Comunicación que se
distribúe de balde nos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo.
Neste novo número falamos co novelista ribeirense Jacobo
Otero Moraña, damos conta das propostas para as datas de Nadal dos concellos de
Arousa Norte, salientamos as propostas de excelencia gastronómica local de cara
ás festas, achegamos novas formas de coñecer Barbanza da man da ornitoloxÃa e exploramos
a nova oportunidade para a Casa da Cadea da Pobra.
Tamén damos conta do sistema de cartelerÃa dixital co que
contará Ribeira, do novo equipamento no ecoparque de San Roque, do calendario
solidario da Asociación AMBAR, dos 20 anos do Centro Social de Boiro, do
retorno do mercadiño á avenida da Constitución, do miradoiro de Pico Muralla
(Rianxo), do espazo de coworking da Aula Activa do Mar, dos Premios á
Excelencia Empresarial da Asociación Boirense de Empresarios, dos XIII Premios
Barbantia e incluso publicamos unha selección de fotografÃas antigas que
permiten unha ollada ao pasado.