Novo programa para mellorar as competencias dixitais das galegas no rural
xoves, 17 de febreiro do 2022
O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, anunciou
hoxe, en convocatoria de prensa, que a
Xunta ofrecerá un novo programa para mellorar as competencias dixitais e o
emprendemento das galegas que viven no rural cun orzamento inicial de 5,2 millóns
de euros, financiado con cargo a fondos Next Generation.
O programa vai dirixido preferentemente a mulleres
desempregadas e con residencia en municipios de menos de 30.000 habitantes,
aÃnda que, se non se cubre a totalidade das prazas, «poderán optar mulleres
ocupadas sempre que estean inscritas como demandantes de mellora de emprego»,
apuntou o presidente.
Logo de incidir en que a previsión é chegar a 10.000
mulleres, Feijóo salientou que os obxectivos desta iniciativa son: mellorar as
competencias dixitais para que non exista fenda no seu desempeño profesional;
ofrecer maiores oportunidades de inserción laboral ás galegas do rural, e
favorecer a súa capacidade de emprendemento.