Núñez Feijoo destaca a reunificación das actuacións da Xunta relativas ás TIC
xoves, 28 de xaneiro do 2010
Tras a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego,
Alberto Núñez Feijóo, salientou que o
Plan estratéxico tecnolóxico global da Xunta terminará coas «illas tecnolóxicas» por consellerÃas.
«Será un plan para toda a Xunta; no que
todos os departamentos responderán a unha única supervisión e terán que responder
aos mesmos criterios de compra e mantemento dos programas informáticos»,
explicou o mandatario autonómico, quen asegurou que este era obxectivo da
creación da SecretarÃa Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica,
dependente da Presidencia da Xunta.
Núñez Feijoo salientou que se trata dun plan ambicioso, pioneiro na Xunta e
que supón un paso máis na programación en materia tecnolóxica. «É unha estratexia para ser máis útiles,
sobre todo aos cidadáns, que poderán ter un contacto máis directo coa
Administración a través das novas tecnoloxÃas; ás empresas e aos emprendedores
que poderán realizar trámites que antes levaban dÃas en minutos; e aos
traballadores públicos que poderán alixeirar o seu traballo e acadar unha maior
eficiencia», resumiu, destacando tamén as actuacións acometidas nestes
últimos 9 meses no eido das novas tecnoloxÃas, entre as que destacou a
aprobación dun Plan TIC de medidas urxentes e dun Plan director de banda larga,
cun investimento de 102 millóns de euros. Asà mesmo, Feijoo salientou a posta
en marcha dun novo portal web, o acordo coa FEGAMP e as deputacións en materia
de e-Goberno e as melloras tanto no funcionamento interno da Administración con
actuacións como o rexistro telemático, como na atención exterior coa factura e
a licitación electrónica e o prazo de 45 dÃas para abonar os pagos pendentes.