O 061 quere potenciar o seu servizo de asistencia sanitaria vÃa web
martes, 17 de xullo do 2012
O director
de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Félix Rubial Bernárdez,
acompañado polo director de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, José Antonio
Iglesias Vázquez, asegurou hoxe en rolda de prensa que a súa Fundación Pública impulsa
o servizo de consulta en liña a través da súa nova páxina web, renovada o
pasado mes de maio, que facilita aos cidadáns ao acceso en tempo real sobre
temas de saúde non urxentes aos profesionais sanitarios do 061.
Félix Rubial destacou que a consulta médica telefónica, a través do número de
teléfono 061 e o 902 077 333, é un dos servizos principais da Central de
Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia- 061. Os datos rexistrados
sobre a actividade do 061, desde os seus inicios, amosan que máis do 50% das
demandas de asistencia sanitaria non requiren activación e mobilización de
recursos resolvéndose mediante consulta médica e información sanitaria.
Atendendo a esta tendencia, grazas ao avance das TIC e
aproveitando as vantaxes que a Rede ofrece, a Fundación Pública Urxencias
Sanitarias de Galicia 061 aposta por un servizo
de consulta en liña a través da súa páxina web e do teléfono de servizos
multicanle de SERGAS, utilizado tamén para acceder a unha cita médica de
atención primaria ou para comunicar que non se pode acudir a unha cita no
hospital. Esta idea ofrece un servizo tanto aos cidadáns como a profesionais
sanitarios que desexen contar coa opinión dun compañeiro.
Esta fiestra
ao exterior, desenvolvida grazas á colaboración da ConsellerÃa de Sanidade e
seguindo as liñas mestras da organización, está dirixida á poboación galega,
institucións colaboradoras, profesionais sanitarios, empresas asà como aos
medios de comunicación. O obxectivo é que atopen rapidamente a información
axeitada para eles constituÃndose como un lugar de encontro entre o 061 e os
diferentes grupos de interese, e atendendo ás necesidades de cada un. Para
acceder dunha forma directa creáronse as pestanas de CidadanÃa, Profesionais,
Empresas, Feitos Vitais e Actualidade.
É por isto
que os contidos abranguen dende información institucional sobre a Fundación
Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os diferentes servizos que ofrece
a poboación galega, asà como a explicación do funcionamento do servizo de
emerxencias galego e o dispositivo que se pon en marcha cando un usuario chama
a Central de Coordinación.
Nesta web
contemplouse un apartado onde están dispoñibles en formato dixital as memorias
de actividade dos últimos anos e publicacións gratuÃtas da Fundación. Ademais,
navegando a través das diferentes pestanas, os internautas tamén poden acceder
a información sobre os programas de investigación que se atopan en
funcionamento dende a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e
atopar a oferta de actividade do Centro de Formación en Medicina de Urxencias,
Emerxencias e Catástrofes de Galicia que se desenvolve conxuntamente coa
Fundación Escola galega de administración sanitaria (FEGAS).