O 96% dos centros públicos galegos dispoñen de aulas virtuais
luns, 1 de xuño do 2020
O
Goberno central, a través do Ministerio de Educación e Formación
Profesional, vén de publicar unha estatÃstica que reflicte o estado
de saúde da dixitalización dos centros públicos da nosa terra en
relación ao ámbito estatal. O
informe Ensino non universitario. Sociedade da información e a
comunicación nos centros educativos. Curso 2018-2019 achega unha
serie de datos relevantes sobre os avances tecnolóxicos da docencia
galega, por exemplo o de feito de que estamos á cabeza das
comunidades en materia en materia de contornas virtuais de
aprendizaxe, aulas virtuais e servizos na nube. Nun plano máis
concreto, faise saber que o 96% dos centros de ensino públicos de
Galicia dispoñen de aulas virtuais, grazas aos proxectos EDIXGAL e
Webs dinámicas, fronte o 41,3% da media estatal.
Ademais,
sinálase que o 99% dos centros públicos dispoñen de servizos na
nube e o 93,3% dos centros públicos dispoñen de páxina web, fronte
ao 86,9% a nivel nacional. Polo que se refire á implicación dos
centros educativos públicos en proxectos relacionados coa tecnoloxÃa
educativa, a nosa porcentaxe é do 60,8%, sendo a medida estatal do
36,5%, e só nos superan A Rioxa, Ceuta e Castela e León.
Nos
indicadores relativos ao número medio de alumnos por ordenador
destinados a tarefas de ensino e aprendizaxe, nos destinados á
docencia, e nos conectados a Internet destinados a docencia,
situámonos na terceira posición, só por detrás do Euskadi e
Estremadura, cunha media de 1 ordenador para cada 1,7 alumnos no
primeiro caso, e 2 nos restantes, cando a media do estado e de 2,7
3,3 e 3,4 alumnos por ordenador.
Amais,
ocupamos o terceiro posto do Estado en canto a ordenadores por grupo,
con 10 equipos por grupo, só por detrás do PaÃs Vasco e de Illas
Baleares e moi por riba da media nacional, que é 6,7 ordenadores por
aula.
Conectividade
No
relativo á capacidade de conexión a Internet dos centros
educativos, Galicia situase a cabeza xunto con Canarias, cun 96,7%
dos centros públicos con conexión a Internet superior a 100 Mbps,
fronte ao 35% en España. Esta porcentaxe crece ata o 98,1% se
consideramos os centros con velocidade superior a 50 Mbps.
No
relativo as aulas con conexión a Internet, Galicia tamén se sitúa
no grupo cabeceiro, co 98,1% das aulas habituais de clase con
conexión a Internet, por detrás de Valencia, Mellia, Ceuta,
Canarias e Cataluña. En canto á porcentaxe de centros con cobertura
Wi-Fi, cunha porcentaxe do 98% Galicia sitúase por riba da media
nacional que é de 93,6%.
No
tocante á dotación de Sistemas Dixitais Interactivos, Galicia
situase na cuarta posición, detrás de Melilla, Ceuta e Estremadura,
cun 66,6% das aulas con estes servizo, fronte a 58 da media nacional.