O BNG amosa a súa nova faciana nas redes sociais
venres, 2 de xuño do 2017
O
BNG vén de renovar a súa imaxe e está a visualizar os cambios, a
esgalla, nas redes sociais. As
actividades
de presentación “estrela” son,
por unha banda,
un vídeo no YouTube que leva por título Querémoste!,
e
pola outra, unha manchea de imaxes de simpatizantes dando conta do
identificativo gráfico acabado de estrear. No
vídeo
faise un percorrido pola traxectoria da formación política galega
(35 anos de historia) até chegar aos nosos días, nos que se quere
mostrar un “Bloque renovado que mira ao futuro e que quere, da man
de todas e todos, construír unha Galiza mellor”.
A
peza audiovisual conta coa presenza dea portavoz Ana Pontón
achegando o fío condutor e narrativo. Son dous minutos que fan
referencia a “un tempo novo” que se reflicte tamén no cambio de
logotipo.
O
novo logo (unha feitura gráfica que fornece, en palabras do BNG,
“unha agrupación actual e próxina”), o devandito
vídeo
e máis o roteiro a seguir pola formación política no tempo
presente estanse a promover tamén no Facebook e
máis no Twitter,
con ducias
de
imaxes dos simpatizantes de todas as idades e procedencias amosando
(a
título individual e en grupo)
a renovada imaxe do partido.
Vídeo promocional do cambio de imaxe do BNG