O BNG insta ao Goberno a crear un órgano público que xestione o canon dixital
xoves, 30 de abril do 2009
A
polémica xurdida en torno ao canon dixital, esa remuneración económica que
reciben os autores, editores, produtores e artistas en compensación polas
(supostas) copias que se fan dos seus traballos no ámbito privado, (e dicimos
supostas porque non todos os soportes e equipos que se adquiren no mercado van
destinados a esta fin, por moito que insistan dende as entidades de xestión dos
dereitos de autor), lonxe de rematar, está cada vez máis no ollo do furacán
pois semella que ninguha das partes afectadas cede para chegar a un consenso.
Desta
volta, a problemática chegou ao Parlamento da man do senador doBNG por
designación autonómica, Xosé
Manuel Pérez Bouza, quen vén de presentar unha iniciativa na
que lle propón ao Goberno que sexa un organismo público, coa participación das
Comunidades Autónomas, o que se encargue de recadar e xestionar o canon dixital
e o canon por dereitos de propiedade intelectual. Para o senador, un órgano
común e de carácter público “garantiría
unha maior transparencia e beneficio social da propiedade intelectual”.
Pérez
Bouza lembroulle aos alí presentes que o Consello de Consumidores e Usuarios, “xa propuxo en 2008 a posibilidade de crear
unha entidade pública de xestión e recadación, ao tempo que criticaba que as
compensacións por copia privada quedaran en mans das industrias e das entidades
de xestión, sen que os consumidores puidesen participar na súa determinación e
control”.
Na mesma
liña, afirmou, pronúnciase un recente infome da Axencia Estatal de Avaliación
das Políticas Públicas (AEVAL) sobre o funcionamento das entidades de xestión e
recadación dos dereitos de autor, ao defender “unha maior regulación pública sobre aspectos que actualmente deciden
de xeito unilateral as entidades de xestión”.
Neste
senso, o informe presentado polo nacionalista galego, recoméndalle ao Goberno,
entre outras medidas, “plantexar a
eficacia dun órgano común de recadación para aproveitar as economías de escala
ao menos no referente á remuneración por copia privada”.
Engade
asemade que non está previsto que a Unión Europea regule a curto prazo o modelo
de xestión dos dereitos colectivos de propiedade intelectual por medio de
entidades de xestión, polo que conclúe que “en
principio, non existen inconvenientes para facer as reformas que o lexislador
español considere oportunas”.