O CNTG acolle o 28 de febreiro unha xornada sobre Windows Azure como plataforma na nube
xoves, 24 de xaneiro do 2013
O
vindeiro 28 de febreiro, xoves,
en horario de 9:30 a 17:30
horas, desenvolverase no
salón de actos do Centro
de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)
unha xornada técnica sobre
Windows Azure como plataforma de Computación
na Nube, que
servirá entre outras cousas para abordar en detalle as diversas
alternativas de
interoperabilidade existentes, é
dicir, as posibilidades reais de traballarmos con distintas linguaxes
de programación (Java, Node.js ou PHP) e distintos sistemas
operativos (Linux, Mac). A xornada técnica vén da man de Ibon
Landa, Unai Zorrilla e Luis Guerrero, membros da iniciativa Plain
Concepts.
Abordarán,
entre outras cousas, un achegamento básico á plataforma, as súas
posibilidades con Linux, Java, Eclipse, PHP, SQL e outras linguaxes
ou sistemas operativos. Na web de Plain
Concepts achégansenos máis datos sobre a natureza desta
actividade formativa e divulgativa.
A
xornada, cóntasenos, parte da base de como se está a impoñer a
Computación Nube como fonte de beneficios e vantaxes para as
empresas, a nivel de aforro, adaptación a distintos códigos e
dispoñibilidade. A partir de aí, farase fincapé no devandito
Windows Azure como plataforma na nube, facendo fincapé na súa
flexibilidade. O obxectivo desta primeira sesión será
describir os principais servizos da plataforma, respondendo en
detalle ás seguinte preguntas: Por que pode interesar para a miña
empresa usar Cloud Computing? Con que nivel de servizo conto?,
Que opcións teño se non traballo con tecnoloxías Microsoft etc?
Segundo
avanzan dende Plain Concepts, “a plataforma Windows Azure dispón
dun servizo de infraestrutura que permite de forma rápida e sinxela
crear máquinas virtuais Windows e Linux”. Durante esta sesión, de
feito, amosaranse as principais características da mesma e como é
posible traballar desde un ecosistema Linux, tanto a nivel de cliente
como de servidor.