O CPEIG chama á precaución de cara á Internet das Cousas
luns, 8 de abril do 2019
Co gallo do DÃa Internacional da Internet das Cousas, IoTDay 2019, que celebrarase mañá mesmo, o Colexio Profesional de
EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) considera fundamental que a
sociedade galega sexa consciente dos dispositivos da Internet das Cousas que
emprega e faga un uso responsable e seguro dos mesmos de cara o envÃo de
datos persoais e a súa publicación na Internet.
DenomÃnase Internet
das Cousas a todo o ecosistema de dispositivos que procesan datos e
información e están conectados entre eles e con Internet. Actualmente,
calcúlase que máis de 8.400 millóns de dispositivos conectáronse a Internet no
2017 e algunhas consultoras como Gartner, estiman que no ano 2020 serán 20.000
millóns de dispositivos (sen contar teléfonos móbiles, tabletas ou ordenadores).
O crecemento da Internet das Cousas traerá consigo evidentes
melloras sociais e económicas. Segundo a tecnoloxÃa avance, poderanse obter
mellores produtos e servizos para a sociedade, por exemplo, no eido da
teleasistencia ou do control continuo de variables de saúde. As empresas
posuirán cada vez máis datos dos usuarios e poderán anticipar as súas
necesidades e proporcionarlles servizos que axuden á toma de decisións e a
aforrar diñeiro e tempo, como no ámbito do fogar cos dispositivos de control de
consumo e de medición dos parámetros ambientais.
Mentres o desenvolvemento da Internet das Cousas proporciona
claros beneficios á sociedade é preciso ser conscientes das súas eivas no
ámbito da privacidade e da seguridade. En concreto, o CPEIG considera que os
cidadáns deben tomar conciencia dos dispositivos que manexan e que se conectan
a Internet para o envÃo de datos ou seguimento de diversas actividades, como
termostatos intelixentes, cámaras web intelixentes, Smart TV, teleasistencia,
pulseiras de control deportivo ou reloxos intelixentes.
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, advirte de que «todos
estes dispositivos poden ser unha fonte de ataques á privacidade e á seguridade
dos cidadáns. Por exemplo, no ámbito da seguridade están documentados ataques
masivos a cámaras web de fogares ou a televisións intelixentes, e no ámbito da
privacidade a publicación sen control de datos de pulseiras deportivas
(tipo Fitbit) con información sensible como as rutas xeográficas nas que
se practica deporte ou a súa actividade sexual», engadindo que nestes últimos
meses xurdiron máis dispositivos, que xeran máis conectividade, destacando que
«a nova tecnoloxÃa 5G afectará directamente aos dispositivos da IoT, permitindo
transmitir máis datos e en zonas onde agora non hai cobertura coa consecuente
mellora no aforro de baterÃa».
O Colexio recomenda usar estes dispositivos de forma segura,
protexendo os seus datos persoais e a súa difusión mediante a lectura e
comprensión das cláusulas de contratación que son aceptadas na súa instalación
e uso. Tamén incide na necesidade de reforzar as conexións dos dispositivos
conectados, sobre todo no fogar, mediante instalacións profesionais con redes
seguras, e inhabilitar calquera tipo de opción de conexión que non sexa precisa
para o bo funcionamento do servizo.
Desde o punto de vista do deseño e a fabricación destes
dispositivos, os profesionais do CPEIG velan pola seguridade nestes
dispositivos desde o seu deseño, incluÃndo caracterÃsticas avanzadas de programación
que teñan en conta os seus posibles riscos e mitiguen os ataques. Para concluÃr,
Suárez sinala que «o consumidor debe dispoñer de máis información na súa compra
para poder distinguir aqueles dispositivos deseñados cunha perspectiva de
seguridade e non cunha perspectiva de fabricación de baixo custo».