O CPEIG e o Instituto de Formación Financeira e Empresarial achegarán formación de xeito conxunto
xoves, 16 de abril do 2015
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática
e o Instituto de Formación Financeira e Empresarial (IFFE Busines
School) veñen de formalizar un
acordo de colaboración para o desenvolvemento conxunto de
actividades formativas. O obxectivo é dar forma a unha contorna
estábel e flexÃbel de traballo en mancomún coa finalidade de
achegar un extra de coñecemento e amplitude ás accións levadas a
cabo polas dúas entidades. O acordo, sinala o CPEIG, inclúe unha
bonificación do 10 por cento para as persoas colexiadas no colexio
profesional galego nos produtos formativos de IFFE Busines School,
agás acordo especÃfico doutra porcentaxe en función do produto.
Ademais, establece o compromiso de colaboración na
organización de conferencias, coloquios, seminarios e outras
actividades educativas, e de deseño e desenvolvemento conxunto de
accións formativas e de consultarÃa e asesoramento. IFFE Busines
School comprométese tamén á cesión de espazos para a organización
de actividades conxuntas e o CPEIG, pola súa banda, á difusión
destas accións a través das súas canles de comunicación. Asemade,
no marco deste acordo, poderá subscribirse un convenio especÃfico
para desenvolvemento dun programa de prácticas formativas.