O CPETIG organiza unha xornada sobre certificados de experiencia e as posibilidades da gamificación
martes, 26 de maio do 2015
O Centro Demostrador TIC (CNTG, Santiago) acollerá
o vindeiro dÃa 4 de xuño, a partir das 16.00 horas, unha
xornada divulgativa organizada polo Colexio Profesional de EnxeñarÃa
Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) sobre as
oportunidades dos certificados de experiencia profesional e o
potencial da gamificación. Esta actividade, sinala o CPETIG,
está dirixida a profesionais do eido da informática interesados na
metodoloxÃa dispoñÃbel para amosar de xeito fiábel e eficaz a súa
bagaxe profesional e a estudantes ou futuros estudantes de
titulacións universitarias ou de ciclos formativos de informática e
profesionais interesados no emprego de mecánicas propias do xogo en
contornas e aplicacións alleas ao xogo (gamificación).
A xornada encádrase no marco do convenio asinado
entre o CPETIG e a Universitat Oberta de Catalunya para divulgar dous
temas de actualidade no eido da informática. Respecto ao programa en
máis detalle, o colexio sinala que por unha banda presentarase o
servizo CEPRAL, que lles permite aos profesionais do sector obter
unha certificación da experiencia profesional, admitida ademais para
o recoñecemento de créditos nos estudos universitarios de
Informática (as tres universidades galegas e a Universidade Oberta
de Cataluña (UOC) outorgan xa este recoñecemento, grazas aos
acordos do CPETIG con estes catro centros docentes).
- Marcos Mata, presidente do CPETIG
Por outra banda, farase un achegamento ao fenómeno de aplicar recursos e feituras propios dos xogos tecnolóxicos a ambientes non lúdicos, co fin de motivar aos profesionais e gañar en competitividade e eficacia. Esta xornada será impartida polo doutor enxeñeiro e director do Programa de EnxeñarÃa Informática dos estudos de EnxeñarÃa Informática, Multimedia e Telecomunicación da UOC, Daniel Riera, e polo enxeñeiro técnico en Informática e presidente do CPETIG e do Consello Xeral de Colexios de EnxeñarÃa Técnica Informática, Marcos J. Mata.