O Camiño de Santiago será máis accesÃbel grazas a unha guÃa na que colabora Vodafone
mércores, 6 de maio do 2015
Ser turista con algún
tipo de diversidade funcional require, non podemos enganarnos,
esforzos extra. Isto é aplicábel a unha chea de camiños, e o
Santiago non é unha excepción. É por iso que PREDIF, Fundación
Vodafone España e Fundación ONCE colaboran unha vez máis na
promoción dun turismo accesÃbel a través do proxecto Camiño
de Santiago accesÃbel para todos. Con esta idea, buscan
achegar ao turista con necesidades e caracterÃsticas funcionais
diversas información sobre a accesibilidade das distintas etapas do
Camiño de Santiago e os seus recursos turÃsticos, co fin de
facerlles máis doada a planificación da súa experiencia.
O proxecto en cuestión
verase reflectido nunha guÃa, para a que se analizará o Camiño de
Santiago nos treitos de Castela e León, composto por 11 etapas
(179,70 quilómetros), e de Galicia, composto por 9 etapas (400
quilómetros), ambos os dous pertencentes ao Camiño Francés. AsÃ
mesmo, a guÃa conterá información dos recursos turÃsticos
complementarios: transporte, aloxamento, restaurantes, monumentos,
lecer, etc., que reúnan un nivel óptimo de accesibilidade para
persoas con discapacidade.
Deste xeito, cada treito,
produto, recurso turÃstico ou actividade analizados contará cunha
descrición polo miúdo do seu nivel de accesibilidade fÃsica,
visual e auditiva nas diferentes estancias e servizos que achega, asÃ
como unha breve información xeral sobre a súa localización e
contorna. Amais, incluirá información en lectura sinxela.
Cómpre dicir que PREDIF
pretende estender este proxecto a todas as rutas e Comunidades
Autónomas polas que pasa o Camiño de Santiago, aÃnda que este ano
2015 só vai realizarse nas comunidades xa indicadas de Castela e
León e Galicia.
Engadir que todos os
contidos da guÃa, rutas e establecementos, publicaranse no portal
web de Turismo AccesÃbel de PREDIF, na aplicación Tur4all, e no
Geoportal de Turismo AccesÃbel.
Para rematar, informar
que o proxecto complementarase con ferramentas tecnolóxicas que
desenvolverán a Fundación ASPAYM Castela e León e a área de
Innovación da Fundación Vodafone España: unha comunidade virtual
en liña Camiño de Santiago entre todos, unha páxina web
2.0, unha aplicación móbil, e un cartón de beneficios para
peregrinos.