O Campus de Pontevedra acolle de novo unha semana de recollida de aparellos eléctricos e electrónicos
martes, 12 de decembro do 2023
ContribuÃr á concienciación da comunidade
universitaria respecto desta cuestión é o obxectivo central da XVII
Semana de Recollida de RAEE´S (Residuos de Aparellos Eléctricos e
Electrónicos), que a VicerreitorÃa do Campus de Pontevedra
promove entre o 11 e o 15 de decembro.
Ao longo desta semana habilitaranse nas diferentes
facultades e escolas do Campus, na Casa das Campás e no Pavillón
Universitario uns puntos de recollida nos que comunidade
universitaria poderá depositar todo tipo de RAEE, dos que se exclúen
tanto lámpadas como baterÃas. Rematada á semana, estes serán
trasladados a un xestor autorizado no seu tratamento como residuos.
Inserida no compromiso do campus coa
sustentabilidade, esta iniciativa permite reunir en cada edición
tanto equipos obsoletos dos diferentes centros como outra serie de
aparellos que a comunidade universitaria achega ao campus desde as
súas casas. Nese senso, as dúas edicións desta semana de recollida
desenvolvidas ao longo do pasado curso, nos meses de novembro e maio,
permitiron reunir máis de 2000 quilos de RAEES.