O Centro Sociocultural Ágora da Coruña acollerá o encontro interactivo Mobile Culture
luns, 25 de setembro do 2023
Será
o sábado 7 de outubro cando se celebre o Mobile
Culture,
un encontro interactivo sobre arte, cultura e novas tecnoloxías
encamiñado ás e aos profesionais do tecido cultural da cidade e a
quen estea interesado no programa do evento, centrado na innovación
dixital en termos culturais e artísticos.
A
xornada terá lugar no Centro Sociocultural Ágora da Coruña,
trátase dunha proposta formativa co-financiada a través do programa
europeo Erasmus+, que se levará a cabo na Aula 9 do Ágora en
horario de mañá, entre as 10 e as 14 horas. Realizaranse obradoiros
formativos sobre: Intelixencia Artificial (IA) aplicada á promoción
cultural, aplicacións dixitais de promoción cultural e sobre
creatividade e innovación.
Cada
persoa poderá inscribirse nun dos tres obradoiros previstos,
formalizando a súa solicitude a través da páxina web das
Bibliotecas Municipais. A pasarela en liña para reservar praza
nestas actividades habilitarase a partir das 10 horas do sábado 30
de setembro, e o prazo pecharase ás 10 horas do venres 6 de outubro.
O
programa previsto para o Mobile Culture:
-
10 horas: Benvida
-
10.15h: Masterclass Erasmus+
-
10.30h: Boas prácticas dos proxectos europeos
-
11.00h: Presentación do proxecto Cultura Móbil
-
11.30h: Pausa para café e networking
-
12.00h: Obradoiros de Cultura Móbil