O Chromium OS Zero permite botar unha ollada ao futuro sistema operativo de Google
martes, 12 de xaneiro do 2010
Pese a que ata finais de ano non sairá oficialmente o Chrome OS, moitos son os usuarios que queren achegarse a este sistema operativo destinado a equipos ultraportátiles ou de reducida potencia, polo que continúan a construÃr distribucións da versión previa do sistema operativo coma Chromium OS Zero, composta por un ficheiro descargable de menos de 250 Mbytes que serve para crear unha versión do futuro sistema operativo que pode iniciarse dende unha memoria USB de 1 Gbyte, e que na súa última versión mellora o soporte de tarxetas Wi-Fi de Broadcom, asà como a compatibilidade de hardware. Tamén incorpora unha nova versión do navegador Chrome, con soporte de extensións e sincronización de favoritos, aÃnda que o máis rechamante é o feito de que conta cun sistema de actualizacións automáticas, o que facilitará o salto a novas versións deste sistema operativo orientado á web que resulta moi funcional, rápido e lixeiro.