O Concello da Coruña apostará firmemente polo software libre
mércores, 27 de febreiro do 2019
A concelleira de Participación e Innovación Democrática,
Claudia Delso, presentou
onte a folla de ruta do goberno local para iniciar a introdución e migración
a software libre do Concello da Coruña, asegurando que «O uso de
tecnoloxÃas propietarias supón un alto custo para as administracións, que
durante anos abusaron delas, tanto en termos de custos das licenzas como na
propia capacidade de innovación locais. Fomentar e adoptar o software libre
supón un importante aforro para as arcas públicas e, polo tanto, mellora da
xestión dos recursos municipais, á vez que se apoia ao ecosistema local que
desenvolve o seu traballo neste sector e, por suposto, toda a creatividade e a
ética colaborativa que hai detrás deste tipo de iniciativas».
A proposta chega despois da realización, coa colaboración da Axencia Galega de
Software Libre (AGASOL), dunha diagnose sobre a situación tecnolóxica da
administración local, e que sitúa como viable a implantación inmediata da
migración cara a este sistema no 50,40% dos 996 equipos municipais. O traballo,
realizado a través dun convenio de colaboración, recadou información sobre o
tipo de tecnoloxÃas que se están a empregar na actualidade no Concello. Os
obxectivos do mesmo foron empregar estándares abertos que permitan a conexión
con outras tecnoloxÃas, facilitar a apertura de datos para a reutilización da
información ou a capacidade de transmisión de coñecemento, de cara á formar ás
traballadoras e traballadores municipais para que poidan empregar ditas
ferramentas.
AsÃ, segundo o presidente de AGASOL, Carlos RodrÃguez, o 50,44%
dos equipos do Concello poderÃan substituÃr o software que presentan na
actualidade, con licenza, por outro libre de xeito inmediato, mentres que no
32,83% haberÃa que realizar unha actuación a medio prazo. Finalmente, o 16,77%
dos equipos presentan unha viabilidade máis baixa «polo tipo de programas
especÃficos que empregan».
Carlos RodrÃguez apuntou que «segundo as nosas estimacións, a implantación
de software libre suporÃa un aforro anual de 276.460 euros para a
administración local» e salientou que «é moi relevante que máis da metade dos
equipos do Concello poidan migrar cara a tecnoloxÃas libres sen presentar
problemas».
A intención do goberno local é, segundo explicou a concelleira Claudia Delso,
avanzar no desenvolvemento deste plan coa posta en marcha dun Proxecto
piloto no posto de empregado público, «que se poderÃa facer nun servizo en
concreto ou en varios á vez». Durante a realización instalarÃase unha
maquinaria especÃfica e crearÃase o software do sistema operativo que se
modificará en función das adaptacións necesarias que se detecten durante a
implantación, ademais de ofrecer soporte tanto in situ como en remoto para atallar as incidencias e modificacións
que poidan xurdir.