O Concello de Boiro organiza un campamento de actividades tecnolóxicas durante o verán
luns, 26 de xuño do 2023
O
Concello
de Boiro organiza durante este verán un campamento de actividades
tecnolóxicas para rapaces e rapazas, co obxectivo de achegarlles
lecer e entretemento no seu tempo libre de vacacións ao tempo que se
incrementan e reforzas as súas habilitades dixitais de cara aos seus
estudos e as súas respectivas carreiras profesionais futuras. Será
no Centro Social de Boiro. As prazas son limitadas e as inscricións
poderán facerse mediante a web municipal entre o 28 e o 30 de xuño.
O
campamento tecnolóxico está destinado a rapaces e rapazas de entre
8 e 14 anos, que estarán divididos en dous grupos segundo idade. O
primeiro dos grupos para rapaces de 8 a 11 anos desenvolverase os
días 12, 13, 14, 26, 27 e 28 de xullo e o grupo para idades de 12 a
14 anos os días 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de xullo. A actividade será no
Centro Social de Boiro en horario de 10.00 a 13.00 horas.
Segundo
informou o Concello, as actividades que se van desenvolver no
campamento tecnolóxico “están baseadas en técnicas de
participación activa para o fomento de valores como o
autodescubrimento e a creatividade”. En concreto, os obxectivos do
programa serán achegar os contidos STEM (acrónimo de Ciencia,
Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) aos máis cativos de xeito
lúdico, facilitar o coñecemento de diferentes ferramentas
tecnolóxicas e promover o bo uso das TIC (Tecnoloxías da
Información e a Comunicación).
Para
participar é preciso inscrición previa, que se poderá facer entre
o 28 e o 30 de xullo a través do Rexistro Xeral ou sede electrónica
do Concello de Boiro. Os formularios de inscrición, bases e toda a
información están
a disposición das persoas interesadas na web municipal.