O Consorcio de Santiago asesorou aos propietarios dun cento de inmóbeis no plan de fibra para a cidade vella
xoves, 9 de setembro do 2021
- Instalación das caixas de fibra óptica nunha imaxe de El Correo Gallego
O
Consorcio de Santiago, que vén colaborando na primeira fase de
despregamento da fibra óptica no ámbito do Plan Especial da Cidade
Histórica, vén de facer balance desta liña excepcional de
asesoramento ao servizo da veciñanza e aos propietarios que desexen
contar con asesoramento institucional de cara a facer as acometidas
nos inmóbeis. De
feito, xa prestou axuda técnica neste asunto a propietarios dun
cento de residencias e negocios.
Trátase,
sinala o Consorcio, “de evitar sancións derivadas dunha execución
irregular que afecte a elementos patrimoniais”, de tal xeito que
unha vez realizada a solicitude de alta á compañía operadora, o
usuario que o desexe pode enviar un correo electrónico ao Consorcio
(oficinatecnica@consorciodesantiago.org) indicando no asunto
"solicitude execución punto de acometida", engadindo o
enderezo postal do inmóbel, así como a persoa de contacto e un
teléfono. Unha vez executado o punto de acometida, o resto do
procedemento é unha relación exclusiva entre o cliente e as
operadoras.
O
Consorcio explica que se trata dunha acción “relevante de face a
mellorar a habitabilidade residencial e favorecer a actualización
das diferentes actividades económicas, culturais e institucionais no
ámbito do Plan Especial do Casco Histórico”. A liña de traballo
aberta pola entidade compostelá está a ser seguida por outras
cidades Patrimonio da Humanidade de España.