O Coworking Dixital CCompostela achegou formación TIC a máis de medio milleiro de persoas
mércores, 13 de decembro do 2023
O
Coworking Dixital
CCompostela formou a 580 persoas emprendedoras en habilidades
dixitais e impulsou a creación de 9 proxectos empresariais. Estes e
outros datos figuran nun balance acabado de presentar pola Cámara de
Comercio de Santiago, principal impulsora deste centro de innovación
e emprendemento, que tamén asesorou en materia tecnolóxica a 62
empresas ou persoas emprendedoras e organizou 50 xornadas formativas,
ao longo de 2023.
As
actividades estiveron dirixidas por 18 relatores expertos e contaron
coa experiencia de empresas tractoras como Espina e Delfin e CLUN ou
startups que naceron da Universidade como Quescrem.
A
maiores, a Cámara lembra que este xoves 14 decembro pola mañá
celebrarase na súa sede en Santiago o evento Investor
Day, onde as persoas emprendedoras e público asistente,
recibirán as claves para a procura de financiamento de proxectos, de
mans de entidades financeiras e organismos públicos, como A Caixa,
Abanca e Unirisco; ademais de contar coa experiencia de éxito da
empresa emprendedora Cluber.
O
Coworking Dixital CCompostela, financiado nun 80% polos fondos
europeos FEDER que xestiona a Fundación INCYDE e nun 20% pola
Deputación provincial da Coruña, asesorou e formou a 9 proxectos
empresariais (arestora en fase de incubación e aceleración) de
áreas como o sector tecnolóxico, o deseño 3D, o turismo, a moda
ecolóxica, a venda online de produtos e o acompañamento e
atención a persoas.
Rosa
Mary Cardeso, secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago,
destacou que esta iniciativa “demostrou unha clara aposta pola
transformación dixital de persoas emprendedoras, pemes e
novas firmas innovadoras da comarca de Santiago e logrou o seu
obxectivo principal: mellorar a competitividade e incrementar a
produtividade das empresas a través do fomento da transformación
dixital das pemes e persoas emprendedoras do territorio”.
As
xornadas formativas levadas a cabo estiveron dirixidas por 18
relatores expertos en áreas de dixitalización, xestión
empresarial, mercadotecnia comunicación ou financiamento e contaron
como dixemos con numerosas empresas colaboradoras da contorna, como
Espina e Delfin, CLUN, Sacyr ou Quescrem. Participaron tamén
empresas e organizacións do sector financeiro como Abanca, A Caixa
ou Unirisco e empresas tecnolóxicas como Wapping, MIP Tencología,
HRscout ou Cluber.
En
2023 o Coworking Dixital CCompostela organizou 2 bootcamps
formativos de emprendemento centrados na planificación da posta
en marcha e éxito comercial, técnico e financeiro de proxectos, con
metodoloxías innovadoras como lean startup e design
thinking. Celebráronse 2 eventos de innovación aberta e
co-creación para alcanzar solucións innovadoras a retos
empresariais reais, levados a cabo coa colaboración das empresas
Clun, Espina & Delfin, Quescrem e Implicatum Consultoría.