O DÃa da EnxeñarÃa achéganos en Ferrol ás diferentes facianas da Industria 4.0
luns, 24 de decembro do 2018
Co
novo ano o Campus de Ferrol vai celebrar cunha relevante xornada a
importante contribución das enxeñeiras e enxeñeiros a progreso
tecnolóxico, cientÃfico, cultural e social. Disto
trata o DÃa da EnxeñarÃa, e tamén de facer vocacións entre
adolescentes e romper desigualdades en materia de eleccións
formativas. A cita será o 18 de xaneiro a partir das 09:30 horas, no
salón Concepción Arenal do Campus de Ferrol. Entre as actividades
programadas para este dÃa destacan as visitas aos laboratorios das
dúas escolas e ao Museo da Construción Naval. Amais, porase o foco
na Industria 4.0 e na robótica, que serán, en boa medida, os
grandes piares da xornada.
A
celebración vén da man da Escola Politécnica Superior, e a Escola
Universitaria Politécnica (EUP), en colaboración co Campus
Industrial da Universidade da Coruña. Un dos grandes obxectivos será
mostrar a actividade docente da EPS, que oferta os graos en EnxeñarÃa
Mecánica, en TecnoloxÃas Industriais e en EnxeñarÃa Naval e
Oceánica. O centro, ao abeiro da xornada, porá en marcha as
seguintes actividades: Buques e ondas: a canle de ensaios
hidrodinámicos, Simulación de máquinas e vehÃculos,
Entre rectas e curvas: explorando a xeometrÃa, A mecánica
de fluÃdos, Robótica Autónoma, Espontaneidade de
reacción oxidación – redución, Electrodeposición e
Rotura de formigón.
Pola
súa banda, a Escola Universitaria Politécnica (EUP), centro no que
se imparten os graos en EnxeñarÃa Electrónica Industrial e
Automática e en EnxeñarÃa Eléctrica, prevé a visita aos
laboratorios de Automatización e de Optimización e Control.
O
itinerario programado para os centros de ensino inclúe tamén, aÃnda
que de xeito opcional, unha comida e unha visita, a partires das
16:30 horas, ao Museo da Construción Naval. A maiores, os centros
disporán dun servizo de bus dende as cidades da Coruña, Santiago e
Lugo.