O GDG Santiago organiza unha xornada de introdución a Docker
martes, 4 de abril do 2017
O Grupo de Desenvolvedores de Google de Santiago de
Compostela (GDG Santiago) organiza mañá na Aula A7 da Escola Técnica Superior
de EnxeñarÃa unha
xornada de introdución á tecnoloxÃa Docker (Docker from 0 to ninja (I): The basics), que botará a andar ás
19:00 horas e que, en función da súa acollida influirá na celebración de
futuras xornadas para tratar diferentes aspectos desta plataforma.
As xornadas sobre Docker do GDG Santiago serán impartidas por Armando Nogueira
RÃo e Diego Reiriz Cores, e na cita de mañá explicarán os conceptos básicos da
plataforma e ensinarán os principais comandos para a xestión de imaxes e
contedores. Recomendan aos asistentes que acudan co seu ordenador portátil con Docker instaldo e algunha imaxe descargada
para facer máis interactiva a actividade.