O GPUL prepara para o dÃa 5 unha xornada sobre as múltiples posibilidades multimedia do software libre
luns, 30 de abril do 2012

- Estudos de gravación de Pánico en el Núcleo, programa de radio en liña que tamén estará presente nas xornadas de GPUL
Dende o Grupo de Programadores e Usuarios de
Linux, a colectivo galego GPUL, informan
este luns dunha nova actividade de difusión para completar e enriquecer aÃnda máis
o que xa era, de por si, un completo programa de accións de seu (coas Xornadas Libres
aÃnda ecoando e co noso punto de mira posto en GUADEC 2012, a desenvolver
o verán no Coruña). Falamos da quinta edición das Xornadas Multimedia. A
nova xeira de actividades será o vindeiro 5 de maio, tamén na Facultade de
Informática do campus coruñés, na aula de graos (andar 2) e no salón de actos
(andar 0).
Segundo informa o Grupo, xa podemos rexistrarnos
para participar no evento e, tamén, para estar ao tanto das novas relacionadas
coa cuestión.
A actividade deste 5 de maio, como o seu
propio nome indica, servirá para afondar ata onde sexa posible nas capacidades
dos múltiples programas abertos para empregarmos as diversas linguaxes dispoñibles
do eido dixital. A actividade comezará ás 16.00 horas coa apertura das xornadas
e dez minutos máis tarde, Alejo PacÃn (GPUL) abordará a cuestión da
infidelidade interfactual (fomentándoa) e o amplo mundo das contornas de
escritorio.
Arredor das 17.00, Juan Carlos López
(Electrotelecom) falará de realidade aumentada e software libre, estando
prevista para as 18.00 horas unha actividade de debate e difusión arredor de Pánico en el Núcleo, un programa de
lecer en formato radio sobre o mundo de Linux e o software libre. Seguindo este
fÃo, dicir que a intención dos organizadores é realizar, botando man do potencial
comunicativo desta xornada, un programa en directo coa participación do público
asistente.
Para rematar, ás 19.30 horas está programado
un obradoiro sobre como crear unha aplicación que reproduza vÃdeo con Gstreamer.
O peche das xornadas é as 20.30 horas.
