O Goberno dá marcha atrás nas súas pretensións anti-piraterÃa
xoves, 3 de decembro do 2009
A
oposición de milleiros de blogueiros de toda España á posibilidade
de que a Lei de EconomÃa Sustentable modificase a LSSI e a LPI para permitir o
peche de páxinas web sen intervención xudicial levou ao Ministerio de Cultura a
solicitar unha xuntanza cun grupo de persoeiros da Internet involucrados nun
popular manifesto que circula pola Rede «en
defensa dos dereitos fundamentais na Internet», que tivo lugar esta mañá,
cun resultado desalentador, posto que a ministra González-Sinde limitouse a
expor as súas intencións ante 14 especialistas da Rede en apenas 20 minutos
tras o que marchou argumentando que tiña que acudir a unha inauguración dun
museo (comportamento realmente lamentable, se temos en conta que foi Cultura
quen convocou a xuntanza). Tras ese momento, os distintos participantes
intentaron negociar o texto legal que instaba á creación dunha Comisión da
Propiedade Intelectual dedicada a pechar páxinas web que infrinxisen os
dereitos de autor, atopándose cunha postura inmobilista por parte dos
representantes do Ministerio, que amosaron a súa boa disposición a negociar no
mes de xaneiro o regulamento da mencionada Comisión, o que indignou aos
presentes, que agardaban unha xuntanza produtiva, e non acudir a un encontro no
que intentasen convencelos de cambiar de postura sobre a polémica Lei de
EconomÃa Sustentable.
Para máis inri, o
encontro foi retransmitido en directo a través de Twitter e Flickr,
de xeito que os internautas puideron ver cómo a decepción e o enfado dos
participantes reinaba, á vez que continuaba o debate na Rede, medrando a bola
de neve formada pola oposición pública ás medidas do Goberno.
Os comentarios eran moi variables, e asà Enrique Dans criticaba a
falta de vontade de diálogo, Mario Tascón non vÃa moito
futuro ao super-portal de contidos que pretende crear o Goberno para
fomentar os contidos legais na Rede, RosalÃa Lloret destaca que dende Cultura
aseguran que o regulamento que tratará o tema só afectará a páxinas
web con música e de pagagamento, pero finalmente a xente sacaba conclusións como a de Marta Manso,
que conclúe que «o que asusta é que o
Goberno quere crear unha comisión para pechar o que os xuÃces non pechan».
Precisamente esta última opinión era compartida polo propio ministro de
Xustiza, Francisco Caamaño, quen pola tarde asegurou tras a súa comparecencia
na Comisión de Xustiza do Congreso ante os medios de comunicación que os peches
de páxinas web que decida a Comisión da Propiedade Intelectual que pretenden
crear deberán
pasar por controis posteriores
inmediatos, ou sexa, que a autoridade xudicial deberá velar polos
dereitos dos cidadáns.
|
Pero a historia non remata aÃ, e poucas horas despois foi o propio presidente
do Goberno, José Luis RodrÃguez Zapatero, quen tivo que saÃr ao paso para rexeitar
que a posibilidade de que poida bloquearse o acceso a unha páxina web sen
intervención xudicial, comentando que a intención do Executivo nunca
foi a de violentar os dereitos fundamentais dos cidadáns, argumentando que todo
é culpa dunha mala interpretación, no
que entendemos que é unha rectificación disimulada,
aÃnda que haberá que ver cómo quedará a partires de agora o anteproxecto no que
están a traballar, pois as declaracións que están a facer os polÃticos durante
a xornada de hoxe son, coma mÃnimo, contraditorias.
De feito, múltiples dirixentes do PSOE amosaron publicamente a súa preocupación
polo acontecido, criticando o texto que pretendÃa aprobarse dentro da Lei de
EconomÃa Sustentable, o que tamén fixeron dende o Partido Popular, comentado o
seu voceiro, Esteban González Pons que «pechar
páxinas web sen autorización, como pretende o Goberno, é secuestro de medios de
comunicación».