O Goberno de Brasil distribuirá nas escolas 150.000 computadores de baixo custe
venres, 19 de decembro do 2008
Se os dÃas pasados demos conta nesta web do aforro acadado polas institucións públicas brasileiras en materia de recursos tecnolóxicos e de xestión informática grazas ao software libre, agora temos novos datos sobre os plans do Goberno daquel paÃs en materia de investimento en programación aberta. A información, que nos chega da man de Mancomún e de Softwarelivre.org, refÃrese máis en detalle á previsión de orzamentos e adquisición de adquisición de software e de equipos: serán en total 150.000 computadores con programas libres os que se porán en xogo, a distribuÃr entre 300 escolas públicas do paÃs. A iniciativa, presentada esta semana polo Goberno, apoiarase nunha contÃa monetaria de 30 millóns de euros, orzamento que para a envergadura do proxecto non semella moi alto, o que se explica precisamente pola propia natureza do software libre: reduce de xeito sensible calquera gasto público que se queira facer en eAdministración ou en reducir a fenda dixital.
Máis polo miúdo e para que se entenda, cada un dos ordenadores populares suxeitos ao dito programa de distribución terá un custe de 200 euros por unidade, un prezo situado moi por debaixo do que serÃa previsible no caso de ter botado man de software con licenzas pechadas.
Segundo sinala a dita web brasileira, os 200 euros incorporarán o custe de cada aparello e as súas respectivas taxas, a entrega nas escolas, a garantÃa dun ano, o servizo de mantemento e a configuración. No plano máis técnico, os computadores contarán coa achega tecnolóxica da empresa Comsat (adxudicataria) e serán do modelo Mobilis da firma india Encore (na imaxe). Asemade, incluirán 512 megabytes de memoria RAM, disco duro dun xigabyte, pantalla LCD de sete polgadas, dispositivo de rede sen fÃos e programas informáticos de licenza libre e código aberto. Esta nova iniciativa a prol do código aberto e máis concretamente a prol da inclusión na Sociedade do Coñecemento e amplas franxas de poboación en situación de risco dixital insÃrese dentro dun programa educativo-tecnolóxico máis amplo, Un computador por alumno.
