O Goberno levará a banda larga a 726 vivendas e empresas de Quiroga
mércores, 10 de xaneiro do 2024
A
subdelegada
do Gobierno en Lugo realizou este 9 de xaneiro unha visita
institucional ao concello de Quiroga para manter un encontro no
que se abordaron cuestións relacionadas co papel desenvolvido polo
Estado no municipio lucense. Isabel Rodríguez informou ao alcalde,
José Luis Rivera, dos investimentos que está a realizar o Goberno
no concello como a posta en marcha da Internet a alta velocidade.
A
subdelegada tamén animou ao alcalde para “solicitar a axuda do
Gobierno cando a precise” e d”e seguir apoiándose mutuamente
para desenvolver todo o potencial do municipio”.
Respecto
da Internet de alta velocidade, Rodríguez avanzou que os
investimentos que está a realizar o Goberno no municipio servirá
para achegar a banda larga a 726 vivendas e empresas. Este servizo,
dixo, estase a despregar na actualidade no municipio e nas
parroquias, apostando por levar a modernización das infraestruturas
de rede ao rural.
“Con
estes investimentos, a Quiroga facilítanselle opcións en materia de
infraestruturas xunto co resto dos municipios lucenses, velando pola
importancia que teñen os seus cidadáns para a comarca e o conxunto
da provincia“, sinalou.