O Goberno quere regular as caixas de botÃn nos videoxogos
venres, 28 de febreiro do 2020
O Ministerio de Consumo está a preparar unha nova regulación
do xogo en España, e o ministro de Consumo, Alberto Garzón, explicou no Congreso
dos Deputados que entre as medidas que teñen previstas figuran normas para as
moi criticadas caixas de botÃn que inclúen numerosos xogos e que están
consideradas como xogos de azar ao alcance de menores de idade, que promoven un
consumo compulsivo e poden xerar adiccións.
Garzón recoñece que as caixas de botÃn «están incluso en
xogos para menores de idade, e nin os pais e nais os coñecen. Incluso con
músicas semellantes ás comecartos para incentivar aos menores. Temos que
regulalo e xa estamos estudando o xeito».
Neste momento as medidas do Goberno van dirixidas a limitar a publicidade dos
xogos de azar, pero a incorporación de xogos de azar dentro de videoxogos tamén
é un tema a abordar, aÃnda que por fortuna o propio mercado soubo castigar
certas prácticas, de xeito que moitos editores de videoxogos abandonaron as
caixas de botÃn e os micropagamentos máis abusivos para adoptar modelos de
negocio máis razoables, como os pases de tempada.