O IES RosalÃa de Castro de Santiago convoca o V Premio Stephen Hawking
mércores, 9 de novembro do 2022
- A directora do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana, MarÃa Martinón
O
IES RosalÃa de Castro de Santiago de Compostela presentou os
alicerces da quinta edición do Premio Stephen Hawking, recoñecemento
ao talento investigador e divulgador no que poden participar todos os
centros galegos de Bacharelato, dirixido especialmente aos que
imparten a modalidade STEM (Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa e
Matemáticas), que son arredor de medio cento en Galicia.
Creatividade, Cooperación e Coñecemento é o lema escollido
para orientar o desenvolvemento dos traballos. A directora do Centro
Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana, MarÃa
Martinón, será a madriña ou figura cientÃfica de referencia nesta
quinta edición.
As
liñas que poderÃan seguirse son a figura de MarÃa Martinón e a
súa achega á investigación sobre a evolución humana, ou
investigacións que permitan aplicar as ideas básicas que suxire o
lema desta edición ás diferentes materias, tanto de carácter
cientÃfico coma humanÃstico. Por tanto, tamén se poden presentar
traballos de Ãndole artÃstica, ademais dos ámbitos da bioloxÃa e
xeoloxÃa, da fÃsica e quÃmica, das matemáticas, do tecnolóxico e
das ciencias sociais. Os coordinadores da convocatoria, Suso Fidalgo
e Charo GarcÃa-Echave, indican que o premio pretende fomentar nos
xoves o afán por investigar desde idades temperás, asà como as
vocacións cientÃficas.
A
convocatoria contempla un primeiro premio, catro segundos e seis
terceiros. No mes de marzo celebrarase o centro anfitrión a xornada
de presentación pública dos traballos.